30.6.08

Botella ao mar

Con este mesmo título iniciamos este caderno e con el o pechamos cando moitos dos alumnos e alumnas que o abriron están a punto de comezar os seus estudos na Universidade, e as Técnicas de expresión escrita desaparecen do currículo de Secundaria. Grazas a tod@s polo aprendido.

4.6.08

Xavier Alcalá e Andrés Dobarro


Efectivamente, como dixo Xavier, hai moitas maneiras de iniciarse na literatura.




Voz: Andrés Dobarro.
Letra: Xavier Alcalá.


Versión de Ugia Pedreira __________

2.5.08

Obradoiro literario con Xavier Alcalá

Un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO participará nos próximos días nun obradoiro literario impartido por Xavier Alcalá e organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

Sigue as ligazóns que levan á súa páxina persoal e encontrarás moita información sobre el e sobre a súa obra, pero para comezar deixa que Xavier che conte unha historia...



Piñón de Ferrol, incluído en Narradio. 56 historias no ar. Ed. Xerais, 2003.

21.4.08

Non sigas lendo...




... ou se queres podes descargar os textos biónicos de Estíbaliz Espinosa, en pdf, desde A Regueifa Plataforma.

26.3.08

Novos poemas en Son de poetas

"As froliñas dos toxos", Antonio Noriega Varela. Laura Alonso.
"Cántiga", M. Curros Enríquez. Los Tamara (Voz: Pucho Boedo).
"Cantiga 166", Afonso X, O Sabio. In Itinere.
"Unha canción foi prohibida no sur", Álvaro Cunqueiro. César Morán.
"Ule esta hora como cando regresas", Ana Romaní. Rodrigo Romaní.
"Conto", X. L. Méndez Ferrín. Suso Vaamonde.
"Pois naci nunca vi Amor", Nuno Fernandez (Torneol?). Legião Urbana.

Ligazón: son de poetas

4.3.08

Poetas na súa voz: Xosé Miranda.

Se da miña paixón medra unha abidueira
que do teu colo nazan pombas,
que nos teus ollos, miña amiga, de lobo deixe o día
unha cor toda azul de adeus ou de chegada.

Se da miña paixón botan ramallos verdes
que do teu seo xurdan fontes,
que no sorriso dos teus beizos haxa un niño dourado,
ou un sol ou un vento que queime as despedidas.

Se da miña paixón amencen flores
que do teu sexo xermolen as folgueiras,
que o teu corpo estea cheo de bicos e de apertas
como un vaso de viño, porque o tempo non pase.

Se da miña paixón o froito cae en ti
que da túa gorxa saian as palabras,
que nos dedos das túas mans o silencio arda nun lume novo
que bote moito fume, porque se perdan tódolos camiños
e teña que quedarme.



Con Xosé Miranda falamos do lobo da xente, de lambiróns, de Fole, de Lovecraft... e logo, ao final da tarde, deixounos a súa voz neste poema do seu libro Carozo azul [1985], incluído en As cidades mergulladas. Poesía reunida 1973-2002 [2003]

Poema e voz: Xosé Miranda.
Gravación: 03/03/08. Realizada por Miguel Souto e Alejandro Mella (4º B)
Música: Memórias de Rodrigo Leão

5.2.08

Extraescolares



Urbano Lugrís nos fondos da Colección Caixa Galicia é o título da exposición que poderedes ver no Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia da Coruña até o 16 de febreiro.

Urbano Lugrís na Galipedia

Colaxe realizada con Ript a partir de fotos da Colección Caixa Galicia.

29.1.08

Borja Freire en "incidencia dorsal"



Miguel Souto e Alejandro Pedreira (MIPE) son os autores do blogue incidencia dorsal. Esta semana publican unha interesante entrevista con Borja Freire, alumno de 2º de Bacharelato. Borja está feito un verdadeiro lutier. El só construíu o baixo que nos mostra na fotografía.

"Non son un punki carpinteiro son un punki sen diñeiro"
Entrevista con Borja Freire López (Puto)

Reunímonos con "Puto" no primeiro recreo na aula de 1º de bacharelato. Se hai alguén sen medo a ser el mesmo ese é Borja. É un rapaz de dezasete anos que lle encanta a música de tradición carpinteira na súa familia. Aburrido de tocar co seu baixo decidiuse a construír un.

MIPE: Por que se che ocorreu construír un baixo?
PUTO: Porque non hai diñeiro, e como na miña familia temos tradición carpinteira trasmitíronme a tradición e cos útiles do taller que hai na casa púxenme a facer un baixo.

M: Tes pensado ser carpinteiro?
P: Non, soamente é un pasatempo. Eu non son un punki carpinteiro son un punki sen diñeiro.

M: E dedicarte a facer instrumentos?
P: Non, só é un pasatempo.

M: Que nos contas da túa traxectoria musical?
P: No primeiro grupo que estiven foi NESC de Rap, logo ARKA de Punk, e agora estou en BRAINS SPIRED de Hardcore Punk Melódico. Imos participar no certame musical.


Sigue lendo...

M: Cando empezaches a escoitar música?
P: Levo escoitando rap desde pequeno, dende os 11 anos, e Punk dende os 13.

M: É verdade que a túa afección cara a música empezou cun moniño de xoguete que tocaba o tambor?
P: Si, decidín tocar a guitarra pero era demasiado negado, entón busquei un instrumento con menos cordas que puidese tocar con máis facilidade, logo decidín tocar o baixo.

M: Estado civil?
P: Arrimado

M: Enfermidades psiquicas?
P: Varias

M: Enfermidades físicas?
P: Panza (rí)

M: Tes algún sentimento ou tendencia homosexual cara algún membro viril do grupo?
P: (Gargalladas) Soamente cando "tocamos"

M: Que curso estás a facer?
P: 2º de Bacharelato.

M: Que tal de notas?
P:"Suficientes" (ri) pero tecnoloxía gústame e dáseme bastante ben.

M: Que sentes ao saber que es precursor nos pelos afro similares ao vello púbico no instituto?(rímos, el tamén rí)
P: Desde que empecei a deixar que o meu pelo brotase vin como os rizos medraban, deixeinos e logo estendeuse por todo o instituto. Todo o mundo deixou crecer o seu pelo de polla (levanta o brazo, emociónase e cáelle unha lágrima mentres ve pasar xente co pelo alborotado, cheo de rizos e mugrientas rastas).

M: Lévoute moito tempo construír o baixo?
P: Si, porque o construín en ratos libres.

M: Pero, canto?
P: Nin idea; supoño que un mes, máis ou menos.

M: Sacaches pezas do antigo?
P: Si. Aburrínme del e como non tiña diñeiro para un novo, fabriqueino.

M: É verdade o que se di que lle estás a construír unha guitarra a Patiño?
P: Si, estoulle facendo unha estilo "Dean dimefromhell". Tamén lle estou facendo unha a Juan Soriano (Brains Spired), á que chamamos peneguitar.

Despedímonos de Borja, quedando así pendente unha roda humana.

Novos poemas en Son de poetas

"No bicarelo do bico do brelo", Uxío Novoneyra. Na Virada.
"Amor apresurado", Francisco Añón. Suso Vaamonde.
"Romance do pescador peleriño", X. M. Álvarez Blázquez. Suso Vaamonde.
"Pido talvez o que nom podes dar-me", Ricardo Carvalho Calero. Marful.
"Os pinos", Eduardo Pondal. Milladoiro.
"A dona que eu am'e tenho por senhor", Bernal de Bonaval. Amancio Prada.
"Noiturno do adoescente morto", Federico García Lorca. Xoán Rubia.
"Verbas a un irmau", Manuel María. A Quenlla.
"¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?", Bernardino Graña. Suso Vaamonde.
"Santa Maria/Srela do dia", Afonso X. La Capella Reial de Catalunya/Hespèrion XX - Jordi Savall

Ligazón: son de poetas

24.1.08

Hoxe pintei un bisonte na caverna


Estíbaliz Espinosa convídanos cada xoves a pintar un bisonte na caverna. Esta semana acompañamos a Sara Jess ou a Lara Bacelo que nos presentou a Turi e revisou connosco algúns dos seus videopoemas



...e nestas navegacións sempre descubrimos algunha nova botella.

8.1.08

Manuel Castells en ElPaís.com

A primeira pregunta que os gobernos fan sempre é: como podemos controlar internet? A resposta é sempre a mesma: non se pode.

Entrevista completa en elpais.com
Manuel Castells

18.12.07

Made in Séchu

A Asociación Galega de Editores ecolleu Made in Galiza de Séchu Sende como o mellor libro do ano (Premio Ánxel Casal). Houbo máis galardoados nos III Premios da Edición de Galicia, pero nós alegrámonos especialmente dos éxitos de Séchu. O autor de Orixe, novela coa que gañou o Premio Blanco Amor de 2003, foi profe no instituto de Carral e participou connosco, como presidente do xurado, na entrega de premios do XII Certame Literario de Cambre. A súa amabilidade permitiu que publicásemos naquela ocasión un breve e tenro relato que despois aparecería en Made in Galiza. Grazas e parabéns.
Recomendado: As palabras que Séchu pronunciou no acto de entrega de premios e que recolle no seu blogue.

12.12.07

Faleceu Alberto Datas

Foto: EFE, El País

O pintor coruñés Alberto Datas faleceu onte en Madrid. A Fundación Luís Seoane estaba a preparar unha exposición antolóxica da súa obra que poderemos ver a próxima primavera.

Ligazóns: Galicia-Hoxe, El País.

27.11.07

Poesía e tolerancia




O alumnado de 4º de PDC, con motivo do Día Internacional pola Tolerancia, convocou un concurso de ilustración de poemas coas seguintes bases:

  • Dirixido ao alumnado de 1º e 2º ciclo da ESO.
  • Farase a ilustración dun poema que teña como motivo central a tolerancia.
  • O prazo para a entrega de traballos rematará o 18 de xaneiro.
  • Haberá 3 premios. A entrega dos mesmos terá lugar o 30 de xaneiro, Día da Paz.
Entre os poemas que nos propoñen para ilustrar encontramos este de Manuel María, "Verbas a un irmau", do seu poemario Mar Maior, que é ademais o poema incluído esta semana en son de poetas, interpretado polo grupo A Quenlla.