5.2.08

Extraescolares



Urbano Lugrís nos fondos da Colección Caixa Galicia é o título da exposición que poderedes ver no Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia da Coruña até o 16 de febreiro.

Urbano Lugrís na Galipedia

Colaxe realizada con Ript a partir de fotos da Colección Caixa Galicia.

18.11.07

De Correa Corredoira a Francisco Miguel



De pintor a pintor. Xabier Correa Corredoira expón na Galería Sargadelos de A Coruña do 7 de novembro ao 8 de decembro. A mostra está dedicada á memoria do pintor coruñés Francisco Miguel, asasinado en setembro de 1936.

Por pintor e coruñés, síntome herdeiro de FM (Francisco Miguel), de Urbano Lugrís, de Antonio Tenreiro e coma no espírito da época que corre, respiro a crise da man na arte (o reducionismo actual é dixital: chega o dedo) non podo coutar os aleixandrinos:

Tras cortarlle as santas mans a Francisco Miguel
os verdugos da guardia civil observaron
como pintaba coas sangraduras dos cotos
nunha laxe estrelecida pola peneira
dun castiñeiro ergueito na noite de verán.
A coraxe do mártir asustou aos covardes
e machucáronlle a testa a culatazos.
Foi daquela cando a nai da mar se revolveu
coas cunchas, nubes e rochedos que o pintor
quería e decidiu verter o seu recomezar
nas outras mans dos imaxineiros coruñeses
para que o grave crime ancorase na luz
lonxincua das conciencias contemplativas.

_______________Correa Corredoira. 2007

Fonte do Vídeo: NovaXove

12.11.07

Despreocupado mais non indiferente



Foto: Salvador Dalí e Man Ray. Autor, Carl Van Vechten.
Library of Congress, Prints and Photographs Division, Van Vechten Collection.


Despreocupado mais non indiferente é o epitafio de Emmanuel Radnitzky, Man Ray (Filadelfia, Estados Unidos, 1890-París, 1976) e serve de título á exposición que podemos ver na Fundación Caixa Galicia na Coruña até o 6 de xaneiro. A estrutura da mostra segue os catro períodos da obra de Man Ray: Nova York, París, Los Angeles e outra vez París. Máis de 300 pezas entre debuxos, fotografías, pinturas, esculturas e numerosos obxectos persoais procedentes da Man Ray Trust.

9.11.07

Actividades extraescolares