13.6.05

50 anos de Merlín e familia



"Ás vegadas, por facer festa, o señor Merlín saía á eira, e nunha copa de cristal chea de auga verquía dúas ou tres gotas do licor que il chamaba "dos países ", e sorrindo coa aquela aberta sorrisa que lle enchía a franca faciana como enche o sol a mañán, preguntábanos de que coor queríamos velo mundo, e sempre que a min me tocaba responder, eu dicía que azul, i entón
don Merlín botaba a iauga, ao áer , e por un segundo o mundo todo, Esmelle todo arredor, as brancas torres de Belvís, as pombas i o can Ney, o roxo pelo de manoeliña, a branca barba de mi amo, o cabalo tordo, as bidueiras de Quintás i o toxo da coroa do Castro, todo era unha longa nuben azul que pouco a pouco se esvaía. O señor Merlín sorría namentras secaba a copa con un pano mouro. Esmelle, selva longa i antiga, na memoria lévoa eu de azul pintada, como si un enorme e morno luar apousara, nun repente, na terra."

Álvaro Cunqueiro, Merlín e familia, 1955
Yago Barcia e Francisco Varela Posted by Hello

5 comentarios:

Miguel dixo...

Home, ¡¡¡unha web en galego!!!
saiu do google ese buscando a palabra "mensaxe"
A vere si mais adiante cando termiñe de traducire a web http://mensablogger.blogspot.com/ logro que tamen saia a miña web
Eche una web de un taboeiro de mensaxes (TAMEN EN GALEGO) similare ao tagboard pra por en paxinas web como ista.
Xa fai tenpo que funme da miña terra, agora estou en Sevilla.

Si hai erros no meu galego rogo que me envien as correccions au meu correo de google.com: correo1000@...

E que fai muito tempo que non o falo xa.
#Nimux#

Anónimo dixo...

Grazas, Nimux, por recoller a nosa botella. A blogosfera en galego, o blogomillo, www.blogaliza.org (ultimamente en obras), está medrando. Cada vez hai máis experiencias coas bitácoras e son moitos os profes que as utilizan como material para as súas aulas.
Un saúdo.

Anónimo dixo...

Pareceume un texto moi interesante bonito e tamén moi fantasioso.Ben feito.

Anónimo dixo...

a páxina está moi ben!!!

Anónimo dixo...

noraboa pola páxina, é moi interesante.

Enviar um comentário