27.11.07

Poesía e tolerancia




O alumnado de 4º de PDC, con motivo do Día Internacional pola Tolerancia, convocou un concurso de ilustración de poemas coas seguintes bases:

  • Dirixido ao alumnado de 1º e 2º ciclo da ESO.
  • Farase a ilustración dun poema que teña como motivo central a tolerancia.
  • O prazo para a entrega de traballos rematará o 18 de xaneiro.
  • Haberá 3 premios. A entrega dos mesmos terá lugar o 30 de xaneiro, Día da Paz.
Entre os poemas que nos propoñen para ilustrar encontramos este de Manuel María, "Verbas a un irmau", do seu poemario Mar Maior, que é ademais o poema incluído esta semana en son de poetas, interpretado polo grupo A Quenlla.

25.11.07

Día Internacional contra a violencia sexista












Aínda que non a vexas... está aí!

18.11.07

De Correa Corredoira a Francisco Miguel



De pintor a pintor. Xabier Correa Corredoira expón na Galería Sargadelos de A Coruña do 7 de novembro ao 8 de decembro. A mostra está dedicada á memoria do pintor coruñés Francisco Miguel, asasinado en setembro de 1936.

Por pintor e coruñés, síntome herdeiro de FM (Francisco Miguel), de Urbano Lugrís, de Antonio Tenreiro e coma no espírito da época que corre, respiro a crise da man na arte (o reducionismo actual é dixital: chega o dedo) non podo coutar os aleixandrinos:

Tras cortarlle as santas mans a Francisco Miguel
os verdugos da guardia civil observaron
como pintaba coas sangraduras dos cotos
nunha laxe estrelecida pola peneira
dun castiñeiro ergueito na noite de verán.
A coraxe do mártir asustou aos covardes
e machucáronlle a testa a culatazos.
Foi daquela cando a nai da mar se revolveu
coas cunchas, nubes e rochedos que o pintor
quería e decidiu verter o seu recomezar
nas outras mans dos imaxineiros coruñeses
para que o grave crime ancorase na luz
lonxincua das conciencias contemplativas.

_______________Correa Corredoira. 2007

Fonte do Vídeo: NovaXove

13.11.07

RSS, deixa que internet veña a ti



Colocar subtítulos nun vídeo aloxado en dotSub é moi fácil, só necesitarás abrir unha conta e un pouco de paciencia para ir traducindo as liñas de texto que che ofrecen desde a páxina. Nós fixemos a proba con este vídeo onde se explica esoutra maneira de moverse por internet: a sindicación, o formato RSS Queremos saber que novidades hai nos cadernos do grupo sen necesidade de ir abrindo un a un cada blogue, así que necesitamos un "lector", un "agregador" que nos permita centralizar as novidades daquelas páxinas que nos interesan. Isto é o que nos vai facilitar Bloglines.
Para saber máis: Bitácora de Anibal de la Torre.

12.11.07

Despreocupado mais non indiferente



Foto: Salvador Dalí e Man Ray. Autor, Carl Van Vechten.
Library of Congress, Prints and Photographs Division, Van Vechten Collection.


Despreocupado mais non indiferente é o epitafio de Emmanuel Radnitzky, Man Ray (Filadelfia, Estados Unidos, 1890-París, 1976) e serve de título á exposición que podemos ver na Fundación Caixa Galicia na Coruña até o 6 de xaneiro. A estrutura da mostra segue os catro períodos da obra de Man Ray: Nova York, París, Los Angeles e outra vez París. Máis de 300 pezas entre debuxos, fotografías, pinturas, esculturas e numerosos obxectos persoais procedentes da Man Ray Trust.

9.11.07

Actividades extraescolares

5.11.07

Novos poemas en Son de poetas

Ondas do mar de Vigo. Martín Códax. Grupo de Música Antigua de Compostela.
O Maio, M. Curros Enríquez. Luís Emilio Batallán.
No niño novo do vento, Álvaro Cunqueiro. Amancio Prada.
Chachauí, Avilés de Taramancos. Rodrigo Romaní. Voz de María Arribe.
Xaneiro 1972 II (Moraima), Celso Emilio Ferreiro. Manuela e Miguel.
Penélope, Díaz Castro. Aurora López, arranxos de Teresa Luján.
Os cóbados n-o barandal, Manuel Antonio. Emilio Cao.
Tiven medo de bogar, María Mariño. Uxía.
Impre(ci)sión, Pilar Pallarés. César Morán.

Ligazón: son de poetas