31.12.05

notas ao pé dun obradoiro literario


Despois de ter feito a memoria deste obradoiro, de ter lido unha vez máis todos os textos e opinións nos blogs persoais de cada alumno e de botar un ollo ás fotos que as rapazas tiraron no patio do instituto e nas aulas, só me queda despedirme cunha nota ao pé.

As notas ao pé non son textos importantes. Son aclaracións ou reflexións ao fío do texto esencial do libro, por iso aparecen en letra máis pequena e na parte de abaixo da páxina.

Considero que os textos esenciais de toda esta historia -que se cadra algún día outros lerán- son os textos elaborados por Tamara, María, Yessica, Cinthia, Olalla, Ismael, Sabela e Natalia. Fico moi orgullosa de ter atopado rapazas (e rapaz) con tantas inquedanzas, con tanta sensibilidade e mestría á hora de poñer por escrito as súas reflexións e historias. Lembro especialmente os textos líricos do último día, algún dos cales paréceme dunha altura literaria que non ten nada que envexar á de autores consagrados. Os textos en glíglico, os Je me souviens, as máquinas inventadas... amosan calidade expresiva e emocional. Deixan ver unha boa base sobre a que seguir construíndo.

En canto a eles, as alumnas e alumno, quédalles un camiño moi longo por percorrer aínda, o cal significa vidas moi prometedoras por vivir. Quizais queiran compartir connosco algo delas e por escrito, ou quizais non. Quizais se fagan directoras de cine, bailarinas, acróbatas ou actrices. Quizais sexan deseñadoras, ministras ou doutoras en mediciña. Informáticas, cantantes, piloto de Fórmula 1...

Sexan o que sexan, deixaron algo escrito aquí. Non sei se para sempre sempre, pero si para uns cantos sempres que poderemos ver e lembrar cando nos pete...

Bicas cursivas,

estíbaliz...

7.12.05

Calendalirismo

Na 4º e última sesión, propoño ler un texto da poeta polaca Wislawa Szymborska: 16 de maio de 1973. A partir del, algunhas rapazas do obradoiro elaboran un texto de seu, baseado nunha data calquera, unha especie de apunte de diario posterior... un xogo de evocación. E isto é o que me entregan aos poucos días...

Cinthia Mourelle

14 de julio de 2003

Catorce de julio de 2003.
Invierno. Cerca del fuego.
Fuera llueve un agua fina.
¿Que hice ese día?
Debo de haber ido a clase,
y luego volver a casa.
Seguramente comí,
y después debí de hacer deberes.

Día frío, lluvioso,
poco que hacer;
tumbarme, mirar la televisión y dormir.
Anochecer, oscuridad.
Cenar en familia
y finalmente dormir con mantas calentitas.

****************

Sabela Quintela

Supoño...

O 14 de decembro de 1995
que faría...?
Non o recordo...
Supoño que faría moito frío.
Era inverno...
Ía á escola
tiña que ter seis anos.
Supoño... que estaría moi contenta
xa se acercaban as Navidades
Seguro... que eses días
non facía ningunha travesura.

*****************

Olalla Otero

O 14 de febreiro

O 14 de febreiro de 1989 nacín,
pero eu nin sequera recordo,
seino porque mo din.

Ata despois de 7 anos
non recordo nada deste día,
pero fíxenme maior
e quen o diría...?
Nesa idade pasou
que a miña nai deume a Clarita,
a miña boneca especial,
que ninguén ma quita.
Non recordo nada máis do 14 de febreiro.
Ata o 2001
que fixen 12 anos
e unha festa eu comín.
Cando cumprín 13, 14, 15 e 16
recordo bastante ben
pero, dentro de 20 anos?
O recordarei?

**************

Natalia Mejuto

Poesía

No ano noventa e catro,
un catorce de decembro
Que pasaba no meu mundo?
De ningún recordo me lembro.

Estaría no colexio.
Na casa con alta febre,
xogando cos meus amigos
ou o Xabarín vendo na tele.

Seguramente tramaría
trasnadas na habitación,
quixera poderme lembrar
o que a miña mente cruzou.

***************

Tamara Mejuto


Gustaríame recordar este día
que pra min suponse especial
pero non só deste, senón
liberarme desta amnesia que me impode recordar
os momentos felices da miña infancia
e que en cambio
recórdame que a perdín.
Ó millor cruceime coa miña alma xemelga
ou algo moito máis sinxelo:
deille esa apreta ó meu pai
que hoxe non me atrevo a darlle.
Tamén pregúntome se ese día
non miraría á miña nai
con rancor ou simplemente
con amor sabendo que nos levabamos
como agora gustaríame que fora.
Tamén se cando me miraba ó espello
sentíame a nena máis fermosa
xa que agora non o podo facer
pra sentir ver unha persoa falsa,
insignificante no mundo
no que o único que fago é interrumpir.
Tamén se algún día fun feliz.
Xa que a min o rato Pérez
non me levou a moa
senón a infancia
e non me devolveu o regalo
senón o que a partir daquel momento
sería a miña vida.
Por esa razón necesito
sumirme nun mundo de fantasía
e deixar voar o meu
verdadeiro eu, o meu pensamento
e escapar da realidade
para poder construír a miña vida.
Só hai un problema:
ás veces confundo o límite

****************