16.12.06

Alcohorama

Aínda que con algún retraso, queremos felicitar á nosa especial colaboradora, Estíbaliz Espinosa, polo primeiro premio no I Concurso de Podcasts poeticoartísticos convocado por La Pell del Llavi e o Concello de Tarragona. Escoita este Alcohorama


9.11.06

Avaliación dos blogs do alumnado

A partir das ideas do blogfesor portorriqueño Mario Núñez Molina, elaboramos os criterios de avaliación dos blogs do alumnado. Co comentario e discusión destes criterios no grupo de Técnicas de expresión escrita de 4º de ESO, poñemos en marcha a actividade con blogs para este curso. Nas próximas semanas o alumnado do grupo irá familiarizándose coas aplicacións que nos servirán para a creación e publicación na rede dos nosos cadernos.

29.6.06

A voz dos poetas: Francisco Salinas Portugal

Francisco Salinas, que nos visitou para lle falar ao alumnado de bacharelato de literatura africana en lingua portuguesa, deixounos a súa voz neste poema do seu libro Os habitantes da culpa (1988)

Despois da culpa

Alguns dias chegavas nome a nome nos meus versos
e sentavas-te no centro do poema
e eu era entón un rumor ou ave de siléncio
un fremente balbordo das mans rotas
sinais que alguén perdeu algures nos corpos mais lonxíncuos

Dirán despois da culpa que a imaxe é un instante
que a luz se derramava na cintura
e até a terra viña o eco calado da tua boca absorta
na marcha ou no bradar doutros torrentes

Era tempo feliz o tempo da obsidiana
cando ti reclinavas a fronte no meu ombro
o peito contra o peito acompasado

E nascia-nos fugaz un tedio como arxila
nen terror ou vertixe dos xestos que na música odiávamos.

17.5.06

Suxestiva coincidencia

lugrís falando polo móbil















Estimulante coincidencia. Hai moito galego e moito futuro nos vosos blogues.

23.3.06

Primaveras


Onte, na hora de Técnicas de Expresión, decidimos deixar os nosos ordenadores e saír para ver se encontrabamos algunha pegada da primavera. Encontrámola neste fatoeiro que medra á beira do río a poucos metros do instituto. O dono da finca, que amablemente nos permitiu entrar, comentounos que o verán pasado esta árbore dera unha froita abundante e saborosa. O que suceda este ano,dixo, dependerá de como veñan os próximos días.
Despois, de volta no instituto, soubemos que agromara outra primavera intensamente esperada. Desexamos que os próximos días sexan propicios e que se logren os froitos.

11.3.06

11 de marzo

El cant dels ocells (O canto dos paxaros), harmonización de Pau Casals e interpretado polo Donostiako Orfeoia

4.3.06

Nube



Na barra lateral colocamos unha nube coas etiquetas da nosa conta en del.icio.us que se irá cargando con aquelas cousas que nos foron útiles algunha vez ou que pensamos que poden ter algunha utilidade, no futuro, para os nosos cadernos.