23.3.06

Primaveras


Onte, na hora de Técnicas de Expresión, decidimos deixar os nosos ordenadores e saír para ver se encontrabamos algunha pegada da primavera. Encontrámola neste fatoeiro que medra á beira do río a poucos metros do instituto. O dono da finca, que amablemente nos permitiu entrar, comentounos que o verán pasado esta árbore dera unha froita abundante e saborosa. O que suceda este ano,dixo, dependerá de como veñan os próximos días.
Despois, de volta no instituto, soubemos que agromara outra primavera intensamente esperada. Desexamos que os próximos días sexan propicios e que se logren os froitos.

0 comentarios:

Enviar um comentário