16.12.06

Alcohorama

Aínda que con algún retraso, queremos felicitar á nosa especial colaboradora, Estíbaliz Espinosa, polo primeiro premio no I Concurso de Podcasts poeticoartísticos convocado por La Pell del Llavi e o Concello de Tarragona. Escoita este Alcohorama


9.11.06

Avaliación dos blogs do alumnado

A partir das ideas do blogfesor portorriqueño Mario Núñez Molina, elaboramos os criterios de avaliación dos blogs do alumnado. Co comentario e discusión destes criterios no grupo de Técnicas de expresión escrita de 4º de ESO, poñemos en marcha a actividade con blogs para este curso. Nas próximas semanas o alumnado do grupo irá familiarizándose coas aplicacións que nos servirán para a creación e publicación na rede dos nosos cadernos.

29.6.06

A voz dos poetas: Francisco Salinas Portugal

Francisco Salinas, que nos visitou para lle falar ao alumnado de bacharelato de literatura africana en lingua portuguesa, deixounos a súa voz neste poema do seu libro Os habitantes da culpa (1988)

Despois da culpa

Alguns dias chegavas nome a nome nos meus versos
e sentavas-te no centro do poema
e eu era entón un rumor ou ave de siléncio
un fremente balbordo das mans rotas
sinais que alguén perdeu algures nos corpos mais lonxíncuos

Dirán despois da culpa que a imaxe é un instante
que a luz se derramava na cintura
e até a terra viña o eco calado da tua boca absorta
na marcha ou no bradar doutros torrentes

Era tempo feliz o tempo da obsidiana
cando ti reclinavas a fronte no meu ombro
o peito contra o peito acompasado

E nascia-nos fugaz un tedio como arxila
nen terror ou vertixe dos xestos que na música odiávamos.

17.5.06

Suxestiva coincidencia

lugrís falando polo móbil















Estimulante coincidencia. Hai moito galego e moito futuro nos vosos blogues.

23.3.06

Primaveras


Onte, na hora de Técnicas de Expresión, decidimos deixar os nosos ordenadores e saír para ver se encontrabamos algunha pegada da primavera. Encontrámola neste fatoeiro que medra á beira do río a poucos metros do instituto. O dono da finca, que amablemente nos permitiu entrar, comentounos que o verán pasado esta árbore dera unha froita abundante e saborosa. O que suceda este ano,dixo, dependerá de como veñan os próximos días.
Despois, de volta no instituto, soubemos que agromara outra primavera intensamente esperada. Desexamos que os próximos días sexan propicios e que se logren os froitos.

11.3.06

11 de marzo

El cant dels ocells (O canto dos paxaros), harmonización de Pau Casals e interpretado polo Donostiako Orfeoia

4.3.06

Nube



Na barra lateral colocamos unha nube coas etiquetas da nosa conta en del.icio.us que se irá cargando con aquelas cousas que nos foron útiles algunha vez ou que pensamos que poden ter algunha utilidade, no futuro, para os nosos cadernos.

31.12.05

notas ao pé dun obradoiro literario


Despois de ter feito a memoria deste obradoiro, de ter lido unha vez máis todos os textos e opinións nos blogs persoais de cada alumno e de botar un ollo ás fotos que as rapazas tiraron no patio do instituto e nas aulas, só me queda despedirme cunha nota ao pé.

As notas ao pé non son textos importantes. Son aclaracións ou reflexións ao fío do texto esencial do libro, por iso aparecen en letra máis pequena e na parte de abaixo da páxina.

Considero que os textos esenciais de toda esta historia -que se cadra algún día outros lerán- son os textos elaborados por Tamara, María, Yessica, Cinthia, Olalla, Ismael, Sabela e Natalia. Fico moi orgullosa de ter atopado rapazas (e rapaz) con tantas inquedanzas, con tanta sensibilidade e mestría á hora de poñer por escrito as súas reflexións e historias. Lembro especialmente os textos líricos do último día, algún dos cales paréceme dunha altura literaria que non ten nada que envexar á de autores consagrados. Os textos en glíglico, os Je me souviens, as máquinas inventadas... amosan calidade expresiva e emocional. Deixan ver unha boa base sobre a que seguir construíndo.

En canto a eles, as alumnas e alumno, quédalles un camiño moi longo por percorrer aínda, o cal significa vidas moi prometedoras por vivir. Quizais queiran compartir connosco algo delas e por escrito, ou quizais non. Quizais se fagan directoras de cine, bailarinas, acróbatas ou actrices. Quizais sexan deseñadoras, ministras ou doutoras en mediciña. Informáticas, cantantes, piloto de Fórmula 1...

Sexan o que sexan, deixaron algo escrito aquí. Non sei se para sempre sempre, pero si para uns cantos sempres que poderemos ver e lembrar cando nos pete...

Bicas cursivas,

estíbaliz...

7.12.05

Calendalirismo

Na 4º e última sesión, propoño ler un texto da poeta polaca Wislawa Szymborska: 16 de maio de 1973. A partir del, algunhas rapazas do obradoiro elaboran un texto de seu, baseado nunha data calquera, unha especie de apunte de diario posterior... un xogo de evocación. E isto é o que me entregan aos poucos días...

Cinthia Mourelle

14 de julio de 2003

Catorce de julio de 2003.
Invierno. Cerca del fuego.
Fuera llueve un agua fina.
¿Que hice ese día?
Debo de haber ido a clase,
y luego volver a casa.
Seguramente comí,
y después debí de hacer deberes.

Día frío, lluvioso,
poco que hacer;
tumbarme, mirar la televisión y dormir.
Anochecer, oscuridad.
Cenar en familia
y finalmente dormir con mantas calentitas.

****************

Sabela Quintela

Supoño...

O 14 de decembro de 1995
que faría...?
Non o recordo...
Supoño que faría moito frío.
Era inverno...
Ía á escola
tiña que ter seis anos.
Supoño... que estaría moi contenta
xa se acercaban as Navidades
Seguro... que eses días
non facía ningunha travesura.

*****************

Olalla Otero

O 14 de febreiro

O 14 de febreiro de 1989 nacín,
pero eu nin sequera recordo,
seino porque mo din.

Ata despois de 7 anos
non recordo nada deste día,
pero fíxenme maior
e quen o diría...?
Nesa idade pasou
que a miña nai deume a Clarita,
a miña boneca especial,
que ninguén ma quita.
Non recordo nada máis do 14 de febreiro.
Ata o 2001
que fixen 12 anos
e unha festa eu comín.
Cando cumprín 13, 14, 15 e 16
recordo bastante ben
pero, dentro de 20 anos?
O recordarei?

**************

Natalia Mejuto

Poesía

No ano noventa e catro,
un catorce de decembro
Que pasaba no meu mundo?
De ningún recordo me lembro.

Estaría no colexio.
Na casa con alta febre,
xogando cos meus amigos
ou o Xabarín vendo na tele.

Seguramente tramaría
trasnadas na habitación,
quixera poderme lembrar
o que a miña mente cruzou.

***************

Tamara Mejuto


Gustaríame recordar este día
que pra min suponse especial
pero non só deste, senón
liberarme desta amnesia que me impode recordar
os momentos felices da miña infancia
e que en cambio
recórdame que a perdín.
Ó millor cruceime coa miña alma xemelga
ou algo moito máis sinxelo:
deille esa apreta ó meu pai
que hoxe non me atrevo a darlle.
Tamén pregúntome se ese día
non miraría á miña nai
con rancor ou simplemente
con amor sabendo que nos levabamos
como agora gustaríame que fora.
Tamén se cando me miraba ó espello
sentíame a nena máis fermosa
xa que agora non o podo facer
pra sentir ver unha persoa falsa,
insignificante no mundo
no que o único que fago é interrumpir.
Tamén se algún día fun feliz.
Xa que a min o rato Pérez
non me levou a moa
senón a infancia
e non me devolveu o regalo
senón o que a partir daquel momento
sería a miña vida.
Por esa razón necesito
sumirme nun mundo de fantasía
e deixar voar o meu
verdadeiro eu, o meu pensamento
e escapar da realidade
para poder construír a miña vida.
Só hai un problema:
ás veces confundo o límite

****************

23.11.05

Suspense...

Agradecémoslle a Estíbaliz o tempo compartido. Gardamos para nós a súa palabra e a súa voz.


Audioblog

16.11.05

textos en glíglico

Na terceira xornada do obradoiro, lemos contos no idioma inventado por Julio Cortázar, o glíglico. Própoñolles aos alumnos que inventen eles un idioma e fagan unha historia con el. Isto é o que fan:


Era una noutera oscinosa, en las lliras se oían los raullidos de los mínidos abandonados que rebultaban en los mendeneros buscando jata que llevar a mopa...Los vagues borratros estaban repensos en el truco con un fito cartor por enriba; ya nipa quedaba en la llira y eso me producía una senapa de teneburas ospilosa...

Un jaro oscino se me repala por endelafte y yo pedo un brimido ya que estaba aistutada por encontrarme en esas oscinosas lliras a esas dutas de la noutera... Entonces se me ocurre chambrear a mi miroso para que me reverse a buscar y él no clota el megatorio cuando...el mío se elisiora sin coraba!! Por qué no lo reventiraría antes de pantir!!
Oigo un ausido en la avendisa de mi ivena y del metero me lembrato y pedo un gran sapro... estoy en mi chimbra y todo era un sumo y yo estaba a salvo y por fin en la chimbra!!
Teiro este sumo de forma avillual y empieza a atombrarme!!!

Yessica Pan


Pipa era una sapona del saponario en el que trabajaba también su mecho zapi, con el que estaba muy cabrenfado. Siempre llevaba unas trentas azuleinas y ablencadas. Tiene un lapiazo por el lítizo que su astreno le echó en la cara. Un día protó abafadamente con su coto en la cara de Pipa paseando por el laprato. Pipa se encabró tanto que sus bociferios se oiceron hasta en el palzo de Munclote. después apareció Kasfrut y lo arregló todo.

Ismael Vidal

Os rapaces ruliron a colina abaixo entre os marbulos, sotes e ranzas visaron unha cuevena onde sortar a oscuote.
Cuando se reviaron atorrelaron o seu carón unha dondelina que os comeriu ata unha hogara chea de fadas, magues, meigas...
E este fu o seu primeiro contacto coa maxia. Os dous rapaces quedaron falnelados con ese mundo e dericiron dedifar o cresto das súas liviadas a farnear novos esxuros, pótimas, fastes e rucos.
E tras ranos de mestudo conseguiron o mellor escuxuro xamais rado, co cal podían relir calquera cousa e produríase o atento contario.

Natalia Mejuto



El bamblúm

Era una noche llusquera, las lubrillas de mi casa no funcaban, había coting de lubrill.
Yo estaba salirde, cuando estorneí un bamblúm de la puerta, pero un sedero e insoretero bamblúm, como si alguien erequi internear en casa, pero muy insoneteramente.
El chiskí de la puerta no abarapaba. Yo estaba muy basutana y no sabía qué raner, así que empenté a hackear hasta el chesquero para focunear una cevena y poder ver.
El bamblúm continuaba, así que fonie a la lugatela y cogí un sartén. El bamblúm abarapó unos momentos, pero inmediatamente se estoneó un haky; alguien estaba allí.

El estronado de los pasos se me asquentaban, así que cogí mejor el sartén, lo elivantesun y en el instante que le voy a tontonkar de un ponteutazo a la perosona que se me asquentaba, la lubrille volvió y vi a mi padre, con un caleto de sorpluy, empapado de ergua de llusca, peutado frente a mí.
El hombre que erería internear era él, pero como no podía intontenear la llavena en la puerta, produjo mucho bamblúm.

Cinthia Mourelle

El Bicorci

La priuma vez que fuigi al bicorci, nege sapaba exactriuti que me ibva a encontrati, finebe unes seteven onies y el bicorci tinaba en trete de mi casa.
Fuigi con mi padre y mi etarno, que tonego había tido ninpa.
Al principio separen un pasinco que ancaba haxamio, como pere los larols y comuto lo que hibamos a verbar.
A partir de ali fuegon todo domuncos domestrados y vasaleristas que conterriun al bicorci en un vetéutico espectáculo.
Al final solieron muchísimos pesincos a la vez e hicieron motogón de tonterías y con eso finicó la función.

Olalla Otero

Era una nocina de invierna. Antón y Uxía taba solos en la cafica. Se encontraban en el salirio, aposados en el sofario, apollados por una manta. Uxía taba agarazada a Antón, suneando los truenos, y cómo el veto golpeaba la ventana de la conina. Antón taba entando que Uxía se saquilizase cuando de pente se les fue la luzira. Antón idió ir por unas velañas que tana en la pallozana para prendarlas, pero Uxía no quería quedarse sola en la cafica tas el las iva a juscar. Antón decidió no movirificarse del sofario y arllarse con ella ata que volvera la luzira. Taban hablando cuando de pente sunearon un radirio extraño que vaniria de la puerta. Pidamente los dos se lacadaron ebajo el sofario, el radirio cada vez era más fote. De pente la poritaria se abririó y allí taba...

Sabela Quintela


Certo día da miña vida, estaba eu enfustiguiada ao meu echufisto, cando de súpeto sonou o lobifonutico.
-Si- contestei
-Ola son...- cortouse ou non me quere dicir quén é
-Si, dígame -contestei outra vez
-Tin, tin- colgaron

Volvín outra vez para o meu hipertramento, enfousticiar co meu echifisto. Pero...petaron á porta.

-Pero quen fostias é agora. Non poderei sentarme a gustiño.

Fun cara a porta. Cando cheguei, non había ninguén.

-Pero qué lle pasa hoxe ás lasoas, non teñen nada qué facer.

Dispúxeme de novo volver ó que estaba facendo, cando...alguén ou algo petou na ventá.

- Xa ta, vou saír fóra.

Cando saín pola porta, penseino duchi veces e collín unha socoxa.

- A ver quen é o gracioso

Cando estaba xa chegando á esquina, oín algo pero seguín de largo e esperei ó outro lado. De súpeto oín voces e dispíxeme a correr hacia eles coa socoxa na man.

- Alto.

Ó final era o meu granchudo irmán cos seus asmunidos amigos que me querían gastar unha broma.

Bana broma!

Tamara Mejuto

Suria era unha rapaza nurllada, cunha dita nurllada.
Un día ralatadamanta nurllada cusa talla fisando los duberes de matamátalas lukou cara a fustra e veu un corto, pese as landas e duchos, para ela era un animal formidable. Queríao vir millor, máis curca e sullou para fora. Facía un pouco de cool porque era palado, polo tunto abua setas. Púxose a mubolar e veu unha chuta veri tranoda, un feixado de setas sitadas todas elas nun cicato moi mamplado, duns 10 metros de danado; rodeouno e unha expleda fusa chutouna cara o pico do cicato. Atunda que a vexuta estaba plumada sentouse nela e pechou os quitos. Cando us chatriu osbiu un ser tranodo, pachado a un tranifo. Asullouse, deu un briunco e pichouse, pra complatar se estaba mustada, pero non. Achegáronse máis tranifos e lukabaan con chata de amizablada, pero ela non se chuititaba, quería fuxa sutando, pero por una tranoda sutón, non canía. Un dos tranifos deulle a manta e sitou unha sitation rara pero pasanada. Nusqui se sitara pachado, era como tarara pillo da naratada nu seu contaplado, estaba como na gaia. Sentíase naratada, olía a naratada, tocábaa naratada, escutaba a naratada, pero desubolso o tranifo dicalto “musi misaba” e deulle un bico. Caeu o chun e situase coma si fichera toda a fita cos tranifos, pero eles non estaban alí. Erchoto e non viu o cicato de setas, estaba moi descontranada. Futa un musto?

Mirou cara o curto e singuía lí, desubolso o corto chutou valando e ela sutou cara su queli. Oliu as llúas mantas e olían a natada. Ela o untendía tuto e sitábanse filata, esplata tular otra vez os tranifos e cuso no pitora nulla. Seguiu fachendo os duberes de matamatalas. Un tren sae a 70 km de...


María Carballo



10.11.05

feira da maquinaria inventada

Unha das actividades do obradoiro consiste en que escriban un texto acerca dunha máquina que non existe, dividido nunha descrición física e unha mostra das utilidades.
De aí resulta un particular conxunto de aparellos estraños e tecnoloxías punta que consititúen un mercado de inventos absolutamente persoal, delirante e ultrapráctico.
Donas e cabaleiros, benvidos a esta I Feira da Maquinaria Inventada. Aceptamos cheques, visas, cartos contra reembolso e comentarios.
O lapis sábeotodo

O lapis sábeotodo é un lapis de cor negra que ten oito miniteclas. Este lapis fai todo o que sexa de escribir.

O único que tes que facer é agarralo e pulsar a minitecla sobre a que trata o tema. Por exemplo, se tes un exame de matemáticas, poñes o lapis sobre a pregunta, daslle á minitecla que pón matemáticas, esperas 10 segundos e o lapis xa empeza a escribir.

Se en vez de escribir a lapis queres escribir a boli, dáslle á punta hacia abaixo e converte en boli. Ademais de todo isto, o lapis trae un cargador, co que o cargas todo o mes.

Sabela

A máquina dos consellos

Esta máquina aconséllache o que tes que facer, ou a mellor saída relacionada cos problemas que poidas ter.

Modo de emprego:

Ten un teclado para poñerlle o problema que teñas, a continuación o pos na cabeza e xa está, a máquina dos consellos dáche unha solución acertada

Isma


Máquina de los sueños


Es una máquina donde tú programas los sueños y evitas las pesadillas.

Consta de una especie de gorra muy cómoda que se aplica en la cabeza antes de ir a dormir. Puedes integrarles las personas que quieres y el sueño parece tan real como si no estuvieras durmiendo. También puedes programarla para cada noche.

Cinthia



Máquina das coincidencias

Para utilizar esta máquina bastaría con introducir nela unha clave todos os días e ela decidiría as coincidencias que máis lle conveñen a cada persoa.

Por exemplo: un día calquera vas ao cine e coincide que ese día custa a metade e as persoas que se chaman coma ti teñen desconto especial.
Outro exemplo: non estudiaches para o exame de hoxe e coincide que falta o profesor e cambian o exame para outro día.

Natalia

O armario sen fondo

Isto consiste nun armario de tamaño corrente onde che cabe todo o que queiras sen ter que preocuparte de se está colocado, xa que tamén se coloca só e incluso renóvache a roupa con só xirar a manilla da porta.

Pode ser de múltiples cores pero o meu é rosa e lila, a xogo coa miña habitación.

Extras: ademais pode cambiar a cor da roupa...

Yessica


O combinador (ou escolledor)

Este invento trata de facilitar as mañás, os días que saes de festa ou que tes un compromiso especial, aforrándote o ter que andar a escoller no armario a roupa que queres.

O aparato consta dunha pantalla e unha cámara. A cámara serve para que o aparato vexa as novas pezas de roupa que compras e metes no armario. A pantalla serve para ver as posibles combinacións de roupa que tes e se, por exemplo, un día apetéceche poñer uns pantalóns, enséñache as camisetas e os xerseis que mellor van con el.

O mellor deste sistema é que sempre ten en conta toda a roupa, incluso a que tes dende hai anos e non usas porque esqueciches dela. E así, non sempre vistes o mesmo.

Olalla


Tempo noz (ou Gatocán 2000)

Esta máquina do tamaño dunha noz, ten moitos sensores de tódolos tipos, tamaños e cores. Ademais 2 botóns azuis, un pra acendelo e outro para apagalo. O demais vai todo por sensores (de voz..., etc)

Serve para parar o tempo durante x minutos, o suficiente para erguerse sen présa pola mañá, constatar as ideas nun exame, pegarlle ao profesor nun ataque de histeria sen deixar de facerlle a pelota... é dicir, todo o que non podes ou non te atreves a facer, poderalo facer co Tempo Noz Gatocán 2000.

Cando paras o tempo, toda a xente do teu redor queda queda, inmóbil, como na serie esa da bruxa Sabrina, pois parecido, só tes que darlle a un botón.

Pero ademais, esta noz pode facer todo o que lle pidas: por exemplo, ese día que se te antoxaron uns hoxaldres de Astorga, el traechos no instante; ou ese día que estás un pouco triste ou deprimida e te alegra e soluciona todos os teus problemas. Pero este último accesorio quitámosllo porque se non, a vida é moi aburrida.

É perfecto, grazas a el estanse erradicando todas as enfermidades e xa non haberá fame no mundo. É o regalo perfecto para bautizos, comunións, vodas, cumpreanos ou calquera día para demostrarlle a esa persoa especial que lle importas.


María

A máquina da felicidade

Presento esta máquina ao mundo como unha revolución para todos. Consiste en darche a felicidade que por algunha maneira non a podes ter. Funciona se pasas debaixo deste instrumento representado no debuxo e, con só desexalo, darache unhas pequenas pautas para poder lograr ese fin. Pero, como todas as máquinas, hai que ter precaucións. Tes que ter moi claro se es merecedor/a da felicidade e a costa de qué, porque as súas consecuencias poden ser tráxicas. Así que, se de verdade pensas que es merecedor dela ou cres que alguén o é, pásate un día por xunto da máquina, pero primeiro pregúntate: Merézoo?


Thamara

27.10.05

Chegada á aula de TEE


Ola, bos días.

Así se comeza unha clase neste século XXI que tamén acaba de comezar. Fanse as presentacións pertinentes (Yessica, María, Ismael, Natalia, Cinthia, Olalla, Sabela e Tamara, ao principio non lembro apenas qué nome vai con qué cara) i eu son Estíbaliz e bla e bla...

Falar da ficción é algo curioso, apaixonante. Os seres humanos crémonos moito os finximentos, temos un don especial para a mentira: choramos no cine, emocionámonos cunha canción, alporízanos unha novela que fala da inxustiza, fainos rir unha viñeta de comic... Gústanos todo o que é invento, criatura, imaxinación, inexistencia, imposible... Aos rapaces que coñezo no David Buxán, penso que tamén. Que fan, se non, nunha aula de Técnicas de Expresión? Algo quererán contarnos, digo eu.

A todos os seres humanos gústanos lembrar cousas que teñen que ver con nós mesmos. A primeira actividade con eles ten que ver coa lembranza. Baseándome no Je me souviens de Georges Perec, cada un dos alumnos lembra detalles da súa vida, dos seus gustos, da súa nenez, dos seus veciños, das súas emocións...que son coma folerpas vistas a través dun microscopio. A lembranza é unha forma primordial de literatura...

JE ME SOUVIENS...

LÉMBROME DE...

Yessica: Lémbrome de...

...O si quero da miña irmá o día da súa voda
...unha canción dunhas zapatillas rosas que se anunciaban na TV cando tiña 7 anos
...o día que aprendín a facer globos de chicle

María: Lémbrome de...

...o día que chegou a miña gata á casa
...cando vivía no Burgo e a gata tumbaba no radiador
...da gaivota do instituto que está no mesmo lugar, día tras día

Ismael: Lémbrome de...

...cando naceu meu irmán
...as sopas de fideos que fai a miña avoa
...unha praza que hai en Pontevedra chea de pombas

Tamara: Lémbrome de...

...cando meu abuelo chegaba os domingos pola noite de cazar ulindo a jara
...cando era pequena e ía comer spaguetti á casa da miña veciña
...cando tiña pesadelos co monstro das algas

Natalia: Lémbrome de...

...as botas rosas que me regalou miña tía cando tiña 7 anos
...o día que aprendín a andar en bicicleta co meu pai
...a planta que tiña a miña nai no salón

Cinthia: Lémbrome de...

...ver os Simpson os domingos pola noite mentres ceabamos
...que cando era pequena ía á casa da veciña a comer un anaco de pan
...a boneca coa que xogaba ás mamás de pequena

Olalla: Lémbrome de...

...os timadores das Ramblas de Barcelona
...que nas competicións de piragüismo sempre levaba a ranita da sorte na piragua. Case nunca gañaba
...a desorde que tiñamos na tenda de campaña

Sabela: Lémbrome de...

...as manifestacións contra a guerra do Iraq
...quedar esperta a noite do Nadal
...a primeira vez que fun nun avión

Estíbaliz: Lémbrome de...

...bucear de nena convencida de que me ía saír cola de peixe
...o moito que chovía cando o Lémbrome de no IES D. Buxán
...esquecer o rostro dun home

Un millón de letras


O 13 de outubro comezamos un obradoiro de literatura e escritura cos alumnos de Técnicas de Expresión Escrita de 4º da ESO. A idea é partir dos eixes esenciais da literatura (contar algo a través da linguaxe, falada ou escrita) sen deixar de ter en conta que está intimamente vencellada a manifestacións artísticas que ás veces resultan máis accesibles, coma o cine ou a música.

O ser humano ten ganas de contar a súa historia, o que fai. Ten ganas de deixar neste planeta algo máis que fósiles e restos de ADN. Para iso sae fóra de si mesmo e, desde as narracións rupestres da caza do bisonte ata as invencións de artiluxios que rozan a imposibilidade -coma a máquina do tempo ou as viaxes siderais- plasma esas vivencias finxidas a través da palabra falada en papiros, pergameos ou papeis con tinta chinesa.

Son millóns de letras, símbolos, debuxiños desde entón. Levamos moito tempo intentando tatuar a pel desta Terra, quizais porque estamos un pouco sós.

Os temas e formas da literatura semellasen ser eternos, aínda que sempre muta un pouco a perspectiva: o amor, a morte, o humor, as vivencias cotiás, a fame, os monstros, a natureza, a guerra, os animais, os deuses, a política, os outros homes vistos dende arriba, os outros homes vistos dende abaixo, os outros homes vistos como iguais, os outros en xeral, eu mesma, ti mesmo...

A actividade desenvólvese en catro sesións coas súas correspondentes prácticas:

OBRADOIRO LITERATURA-ESCRITURA

Estíbaliz Espinosa Río

IES DAVID BUXÁN CAMBRE


1ª XORNADA “Lémbrome de...”

DURACIÓN: 2 HORAS

A literatura e os centros da memoria:

-os métodos mnemotécnicos da oralidade: a rima, o ritmo (Homero, Meendiño, Pessoa)
- todos escribiron para perdurar : Horacio (acabei un monumento máis duradeiro ca o bronce), Shakespeare, os grafitteiros
- Actividade con Georges Perec: Je me souviens


2ª XORNADA: “ Tócaa de novo, Sam...”

DURACIÓN: 2 HORAS

Escribir, falar... é cantar

-Letras de cantigas/cancións:

- "Ondas do mar de Vigo" Martín Códax
- "Si, mi chiamano Mimí", G. Puccini- M. Callas
- "Knocking on heaven's door" Bob Dylan
- "Nowhere man" Beatles
- "Sympathy for the devil" Rolling Stones
- "Desafinado" A. C. Jobim
- "Human behaviour" Björk
- "You said something" Pj Harvey


- Actividade: preparamos un disco con 3 cancións. Escribimos a letra de unha. Actividade para a semana seguinte: preparar 2 máis. Gravaránse con minidisc


3ª XORNADA: “ To the infinite...and beyond”

DURACIÓN: 2 HORAS

Máis aló dos temas/teimas eternos

-Amor: Cantar dos Cantares, Safo, Shakespeare, Cunqueiro,
- Morte: Rosalía, Poe
- Finxo a ficción: Don Quijote, Hamlet, Borges
- A ciencia-ficción
- O humor: Wilde, o glíglico de Cortázar
- A trascendencia do humano: Avilés de Taramancos

Actividade: crear un texto conxunto sobre algún tema a elixir

4ª XORNADA: “ Eu...Ti”

DURACIÓN: 2 HORAS

Literatura para cosmonautas: cómo contactar co máis alá da miña propia pel

- Diarios: Sei Shonagon
- Walt Whitman: “Quen toca isto, non toca un home, toca un libro”
- Os weblogs
- Publicidade: metáforas en TV
- Cine: contar con imaxes unha historia