A Asociación Galega de Editores ecolleu Made in Galiza de Séchu Sende como o mellor libro do ano (Premio Ánxel Casal). Houbo máis galardoados nos III Premios da Edición de Galicia, pero nós alegrámonos especialmente dos éxitos de Séchu. O autor de Orixe, novela coa que gañou o Premio Blanco Amor de 2003, foi profe no instituto de Carral e participou connosco, como presidente do xurado, na entrega de premios do XII Certame Literario de Cambre. A súa amabilidade permitiu que publicásemos naquela ocasión un breve e tenro relato que despois aparecería en Made in Galiza. Grazas e parabéns.
Recomendado: As palabras que Séchu pronunciou no acto de entrega de premios e que recolle no seu blogue.
18.12.07
Made in Séchu
Publicada por
Xoán
à(s)
11:05
1 comentarios
Etiquetas: 07-08, Made in Galiza, Séchu Sende
12.12.07
Faleceu Alberto Datas
O pintor coruñés Alberto Datas faleceu onte en Madrid. A Fundación Luís Seoane estaba a preparar unha exposición antolóxica da súa obra que poderemos ver a próxima primavera.
Ligazóns: Galicia-Hoxe, El País.
Publicada por
Xoán
à(s)
22:42
0
comentarios
27.11.07
Poesía e tolerancia
O alumnado de 4º de PDC, con motivo do Día Internacional pola Tolerancia, convocou un concurso de ilustración de poemas coas seguintes bases:
- Dirixido ao alumnado de 1º e 2º ciclo da ESO.
- Farase a ilustración dun poema que teña como motivo central a tolerancia.
- O prazo para a entrega de traballos rematará o 18 de xaneiro.
- Haberá 3 premios. A entrega dos mesmos terá lugar o 30 de xaneiro, Día da Paz.
Publicada por
Xoán
à(s)
19:11
5
comentarios
Etiquetas: ilustración, PDC, poesía, tolerancia
25.11.07
Día Internacional contra a violencia sexista
Aínda que non a vexas... está aí!
Publicada por
Xoán
à(s)
16:55
0
comentarios
Etiquetas: 25 de novembro, campaña
18.11.07
De Correa Corredoira a Francisco Miguel
De pintor a pintor. Xabier Correa Corredoira expón na Galería Sargadelos de A Coruña do 7 de novembro ao 8 de decembro. A mostra está dedicada á memoria do pintor coruñés Francisco Miguel, asasinado en setembro de 1936.
Por pintor e coruñés, síntome herdeiro de FM (Francisco Miguel), de Urbano Lugrís, de Antonio Tenreiro e coma no espírito da época que corre, respiro a crise da man na arte (o reducionismo actual é dixital: chega o dedo) non podo coutar os aleixandrinos:
Tras cortarlle as santas mans a Francisco Miguel
os verdugos da guardia civil observaron
como pintaba coas sangraduras dos cotos
nunha laxe estrelecida pola peneira
dun castiñeiro ergueito na noite de verán.
A coraxe do mártir asustou aos covardes
e machucáronlle a testa a culatazos.
Foi daquela cando a nai da mar se revolveu
coas cunchas, nubes e rochedos que o pintor
quería e decidiu verter o seu recomezar
nas outras mans dos imaxineiros coruñeses
para que o grave crime ancorase na luz
lonxincua das conciencias contemplativas._______________Correa Corredoira. 2007
Fonte do Vídeo: NovaXove
Publicada por
Xoán
à(s)
11:20
0
comentarios
Etiquetas: Correa Corredoira, exposición, extraescolares
13.11.07
RSS, deixa que internet veña a ti
Colocar subtítulos nun vídeo aloxado en dotSub é moi fácil, só necesitarás abrir unha conta e un pouco de paciencia para ir traducindo as liñas de texto que che ofrecen desde a páxina. Nós fixemos a proba con este vídeo onde se explica esoutra maneira de moverse por internet: a sindicación, o formato RSS
Queremos saber que novidades hai nos cadernos do grupo sen necesidade de ir abrindo un a un cada blogue, así que necesitamos un "lector", un "agregador" que nos permita centralizar as novidades daquelas páxinas que nos interesan. Isto é o que nos vai facilitar Bloglines.
Para saber máis: Bitácora de Anibal de la Torre.
Publicada por
Xoán
à(s)
11:20
0
comentarios
Etiquetas: RSS, sindicación
12.11.07
Despreocupado mais non indiferente
Foto: Salvador Dalí e Man Ray. Autor, Carl Van Vechten.
Library of Congress, Prints and Photographs Division, Van Vechten Collection.
Despreocupado mais non indiferente é o epitafio de Emmanuel Radnitzky, Man Ray (Filadelfia, Estados Unidos, 1890-París, 1976) e serve de título á exposición que podemos ver na Fundación Caixa Galicia na Coruña até o 6 de xaneiro. A estrutura da mostra segue os catro períodos da obra de Man Ray: Nova York, París, Los Angeles e outra vez París. Máis de 300 pezas entre debuxos, fotografías, pinturas, esculturas e numerosos obxectos persoais procedentes da Man Ray Trust.
Publicada por
Xoán
à(s)
11:36
1 comentarios
Etiquetas: exposición, extraescolares, Man Ray
9.11.07
Actividades extraescolares
Publicada por
Xoán
à(s)
12:17
0
comentarios
Etiquetas: exposición, extraescolares
5.11.07
Novos poemas en Son de poetas
Ondas do mar de Vigo. Martín Códax. Grupo de Música Antigua de Compostela.
O Maio, M. Curros Enríquez. Luís Emilio Batallán.
No niño novo do vento, Álvaro Cunqueiro. Amancio Prada.
Chachauí, Avilés de Taramancos. Rodrigo Romaní. Voz de María Arribe.
Xaneiro 1972 II (Moraima), Celso Emilio Ferreiro. Manuela e Miguel.
Penélope, Díaz Castro. Aurora López, arranxos de Teresa Luján.
Os cóbados n-o barandal, Manuel Antonio. Emilio Cao.
Tiven medo de bogar, María Mariño. Uxía.
Impre(ci)sión, Pilar Pallarés. César Morán.
Ligazón: son de poetas
Publicada por
Xoán
à(s)
11:20
0
comentarios
Etiquetas: audio, son de poetas
29.10.07
Poetas na súa voz
Flores, por exemplo, non recordo, non sei
se valen os peixes de cores que había encima da vanguard
que mercaron cando nacín. Vivíamos no segundo,
ao redor dun patio cincento, unha sucesión de plásticos
particulares. As veciñas cantaruxaban
sobre eles. Eran gotas soas de auga na tarde inmensa,
a hora que paraba a televisión.
No piso ras do chan dúas vellas
amoreaban leña e varredura. A porta
cheiraba tanto que estaban soas, ou tolas,
como se non vivisen na cidade.
----------------de A vella peneira a noite.
Xabier Cordal (A Coruña, 1965) le para nós o poema que serve de autobiografía na súa ficha da Biblioteca Virtual Galega.
Na rede:
Ronseltz: a revolución en verso
Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (escolma)
Publicada por
Xoán
à(s)
21:33
2
comentarios
Etiquetas: audio, podcast, poema, poetas na súa voz, voz, Xabier Cordal
20.10.07
Tu quoque Iolanda?
Seguro que podemos aprender algo de todo isto... sen prescindir do humor dos Aduaneiros.
Para facerse unha idea: Vieiros, As túas balas, Made in Galiza, Calidonia, Dias estranhos...
Publicada por
Xoán
à(s)
20:03
0
comentarios
Etiquetas: aduaneiros sem fronteiras, humor gráfico
10.10.07
Biblioteca Underwood
INTENCIÓNS, 2005, 30x26,5x9,5Pepe Cáccamo, Vigo, 1950.
Os 14 títulos da súa obra poética publicada até hoxe foron reunidos en Acoradoiro, Espiral Maior, 2003. A súa autobiografía, Memoria de poeta, foi publicada pola editorial Galaxia en 2006.
Co título de Underwood, Pepe Cáccamo presenta un conxunto de pezas a cabalo entre o mundo poético e o escultórico. Todo o traballo de Xosé María Álvarez Cáccamo e o seu compromiso vital e social son testemuño dunha actitude poética excepcional que sempre o situou alén de calquera camiño poético doado, á marxe das regras máis convencionais da industria cultural e revelándose contra das convencións dominantes.
Na Galería Sargadelos, rúa Real, 56, até o 20 de outubro.
Actualización (261107): accede a todos os obxectos da exposición.
Publicada por
Xoán
à(s)
13:06
0
comentarios
Etiquetas: Pepe Cáccamo, poema visual
29.9.07
Son de poetas
Son de poetas é un proxecto de traballo para este curso. Coa vosa colaboración iremos seleccionando poemas galegos musicados de todas as épocas. Colocaremos un acceso directo á antoloxía na barra lateral e publicaremos aquí tamén as novidades que se vaian incluíndo. Comezamos con dúas versións desta "Negra sombra" de Rosalía de Castro (Follas Novas, 1880). Escoita as dúas versións que che propoñemos e dinos cal é a que máis che gusta.
Cando penso que te fuches,
negra sombra que m' asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu' es ida,
no mesmo sol te m' amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m' abandonarás nunca,
sombra que sempre m' asombras.
ROSALÍA de CASTRO, Follas Novas, Vigo, Galaxia, 1993.
Versión de Amancio Prada.
Luz Casal e Carlos Núñez.
Publicada por
Xoán
à(s)
20:07
1 comentarios
Etiquetas: música, poesía, Rosalía de Castro, son de poetas
10.9.07
Comezo de curso

Así o ve Xaquín Marín. Recollido en culturagalega.org.
Publicada por
Xoán
à(s)
10:20
1 comentarios
Etiquetas: humor gráfico, viñeta, Xaquín Marín


