Marica Campo convídanos a (re)descubrir a escritora estadounidense Djuna Barnes (New York 1892-1982) autora de O bosque da noite (Nightwood) (1936).
Djuna Barnes
"Porque o teu corazón é unha nadaamarga, nada" sempre repetías
a ser o eco nas noites e nos días
de quen che dera así a coitelada.
A flor dunha paixón, morta coa amada
voz que te nomeaba e te fería,
gardada baixo a axila revivía
e era unha rosa grande e incendiada.
Xuraches vida eterna para a rosa,
a soas co teu gato e coa amargura,
formidable muller e poderosa
contra o tempo que todo borra e cura.
Desde unha nada amarga, valerosa,
estreaches en vida a sepultura.
Marica Campo, Mulleres
2 comentarios:
HOLA ESTIBALIZ. POR FIN CHEGO AO TEU BLOG. SEGUIREI ENTRANDO. UNHA APERTA
Ha ha ha...! Boísimo!!
Enviar um comentário