Sting (baixo e vocalista), Andy Summers (guitarra) e Stewart Copeland (batería), The Police, volveron a tocar xuntos cando se cumpren trinta anos desde que formaran o grupo en 1997. A banda británica anuncia unha xira de oitenta concertos e un novo disco cos seus grandes éxitos entre os que non poderá faltar Message in a bottle (mensaxe nunha botella) incluída no LP Reggatta de Blanc (1979)
Saín a camiñar esta mañá
non podo crer o que vin
cen mil millóns de botellas
arrastradas polo mar na praia
parece que non estou só nisto de estar só
cen mil millóns de náufragos
buscando un fogar
Enviarei un SOS ao mundo.
Enviarei un SOS ao mundo.
Espero que alguén reciba a miña
mensaxe nunha botella.
The Police na Wikipedia.
Discografía.
En YouTube:
The Police, Message in a bottle.
Xuntos en 2003 con motivo da entrada da banda no Salón da Fama do Rock.
Na entrega dos premios Grammy 2007.
2 comentarios:
Para min un dos mellores grupos de música dos anos 60,70 e 80.
alegreime moito ao ver esta entrada na cal se cita os concertos oxala que veñan a España para algun concerto para ir xa que si a súa musica en compact-disc e das mellores en directo...e para quedar abraiado.
Grazas por facer que me enterara dos concertos.
A min este grupo non é que me guste pero tampouco me disgusta. Pero a verdade é que non adoito escoitar musica deste estilo.
Para gusto as cores =).
Saúdos!
Enviar um comentário