23.4.07

Web2.0. A máquina somos nós


Este vídeo, que foi moi comentado hai algunhas semanas na blogosfera, vainos dar pé no grupo para falarmos de texto dixital e diso que algúns chaman a Web2.0. O seu autor, Michael Wesch, profesor de Antropoloxía Cultural na Universidade estatal de Kansas, titulouno The machine is us/ing us. Como entendedes este título? Podedes ver unha versión subtitulada en español, ou seguir cada unha das frases do vídeo traducidas en juque.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

A miña primeira impresión foi que se trataba dunha chamda de atención en contra das máquinas, pero despois de ver o vídeo creo que non, que é algo positivo: somos parte da máquina, a máquina gaña, enriquécese coa nosa participación.
Gústame o traballo que faceedes, adiante.

Anónimo dixo...

Moi interesante o vídeo. Gústame moito o voso blog. Seguide traballando e compartíndoo con nós.

Enviar um comentário