12.11.07

Despreocupado mais non indiferente



Foto: Salvador Dalí e Man Ray. Autor, Carl Van Vechten.
Library of Congress, Prints and Photographs Division, Van Vechten Collection.


Despreocupado mais non indiferente é o epitafio de Emmanuel Radnitzky, Man Ray (Filadelfia, Estados Unidos, 1890-París, 1976) e serve de título á exposición que podemos ver na Fundación Caixa Galicia na Coruña até o 6 de xaneiro. A estrutura da mostra segue os catro períodos da obra de Man Ray: Nova York, París, Los Angeles e outra vez París. Máis de 300 pezas entre debuxos, fotografías, pinturas, esculturas e numerosos obxectos persoais procedentes da Man Ray Trust.

1 comentarios:

Anónimo dixo...

Grazas Xoán por informarnos sobre estas exposicións tan interesantes que viñeron á cidade. Este apartado de actividades extraescolares paréceme moi interesante e fai aínda máis atractivo este blogue.Parabéns.

Enviar um comentário