8.1.08

Manuel Castells en ElPaís.com

A primeira pregunta que os gobernos fan sempre é: como podemos controlar internet? A resposta é sempre a mesma: non se pode.

Entrevista completa en elpais.com
Manuel Castells

10 comentarios:

Anónimo dixo...

Todo o mundo utiliza internet e é verdade o que está cheo de terroristas, pornografia, etc.pero a maioría da xente usa a rede para moitas outras cousas como buscar información, ler as noticias recentes,etc.xa que como di Castells "sen educación a tecnolxía non serve para nada". Estou de acordo en todo o que di Castells, ten toda a razón.

mipe dixo...

Hola Xoán:
Eu creo que Manuel Castells ten bastante razón pero, ás veces (en casos moi puntuais) internet non fomenta a sociabilidade (normalmente, si) senón que fai que xente non saiba enfrontarse ao mundo fóra de internet. Coincido con Anabel que hai moitos usos indebidos ( a pornografía non é un, excepto en casos forzados, pedofilia, etc...), pero tamén é moi importante o seu uso, coincido tamén con que "sen educación a tecnoloxía non serve para nada" e engado que o máis importante non é o que sabes senón, como usas o que sabes.
Miguel Souto.

David dixo...

Eu penso que Castells ten razón. Os gobernos non deberían usar internet para controlar ás persoas e debería haber máis adultos usando as novas tecnoloxías para aumentar a súa preparación. Tamén creo que debe vixiarse mellor cousas que non deberían aparecer (ó menos, tan facilmente)en internet como pornografía, terrorismo, anuncios de consumo de drogas...

mipe dixo...

A xente debería utilizar internet dunha forma segura.A xente utiliza internet xeralmente para ler noticias e buscar diversa informacion.Eu creo que as persoas que xeralmente utiliza internet sabe a que se expón.
Estou de acordo con Manuel Castells na resposta que da a que en alguns pobos,cidades...os gobernos poñan Wi-Fi e logo non deixen as persoas participar a través das redes na vida pública.
Na miña opinión non estou de acordo coas encostas que dín que as persoas que utilizan internet son máis sociables.

dany dixo...

Internet é unha ferramenta moi útil que existe na actualidade, non só para procurar información, senón que tamén podes coñecer xente doutros lugares. Non se poden controlar moitas das cousas malas que entran nela pero si se poden evitar.

Dani

Anónimo dixo...

Eu creo que Internet é unha ferramenta moi útil aínda que haxa pornografía, violencia, etc. Pero a maior parte da xente utilízao
para cousas boas como buscar información ou simplemente como ocio.

Anónimo dixo...

Estou de acordo en case todo o que dí Manuel Castells.
Ten moita razón cando dí: "sin educación, la tecnología no sirve para nada."
Penso que fixo unha boa análise do que é internet, das súas vantaxes e inconvenientes, e do que pode chegar a ser.

Un saúdo.

Anónimo dixo...

Penso que Manuel Castells ten razón en todas as súas respostas e penso que se expresa de maneira clara. Estou de acordo en todas, sobre todo en que: é só cuestión de tempo que internet se utilice en todos os labores e traballos. Tamén penso que é unha gran verdade que a xente non sabe utilizar internet de maneira correcta e que se a xente soubese utilizalo poderíase empregar incluso no ensino. Polo xeral a entrevista resultou moi insructiva para aclara as nosas ideas.

Saúdos

Anónimo dixo...

Eu penso que Castells ten razón es todo o que di na entrevista.Na miña
opinión internet é un medio do que podemos sacar mais cousas ao noso favor que en contra, xa que é unha fonte inagotable de información e na que todo o mundo pode ter o seu pequeno espazo para expresarse de diferentes formas.Todos sabemos que tamén contamos con moitos inconvintes,pero cunha boa educación con respecto a este tipo de tecnoloxías non teríamos porque ter ningún problema con nada relativo a este medio.

Anónimo dixo...

Ó meu parecer as rfeflexióins de Castells
son moi acertadas, para min cabe destacar a frase ''Internet amplifica la más vieja brecha social de la historia, que es el nivel de educación'' para min internet non é esa rede masiva de cousas que non son boas para a xente,claro que existen cousas que non son de todo acertadas fomentar sobre todo para a xente nova,pero a solución non é controlar o que nós vemos porque como el di iso é imposible, o mellor é ensinarnos a utilizar a rede que é necesaria.

Enviar um comentário