Son de poetas é un proxecto de traballo para este curso. Coa vosa colaboración iremos seleccionando poemas galegos musicados de todas as épocas. Colocaremos un acceso directo á antoloxía na barra lateral e publicaremos aquí tamén as novidades que se vaian incluíndo. Comezamos con dúas versións desta "Negra sombra" de Rosalía de Castro (Follas Novas, 1880). Escoita as dúas versións que che propoñemos e dinos cal é a que máis che gusta.
Cando penso que te fuches,
negra sombra que m' asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu' es ida,
no mesmo sol te m' amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m' abandonarás nunca,
sombra que sempre m' asombras.
ROSALÍA de CASTRO, Follas Novas, Vigo, Galaxia, 1993.
Versión de Amancio Prada.
Luz Casal e Carlos Núñez.
29.9.07
Son de poetas
Publicada por Xoán à(s) 20:07
Etiquetas: música, poesía, Rosalía de Castro, son de poetas
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentarios:
Parabéns pola iniciativa, moi aproveitábel.
Enviar um comentário