29.10.07

Poetas na súa voz

Flores, por exemplo, non recordo, non sei
se valen os peixes de cores que había encima da vanguard
que mercaron cando nacín. Vivíamos no segundo,
ao redor dun patio cincento, unha sucesión de plásticos
particulares. As veciñas cantaruxaban
sobre eles. Eran gotas soas de auga na tarde inmensa,
a hora que paraba a televisión.
No piso ras do chan dúas vellas
amoreaban leña e varredura. A porta
cheiraba tanto que estaban soas, ou tolas,
como se non vivisen na cidade.

----------------de A vella peneira a noite.

Xabier Cordal (A Coruña, 1965) le para nós o poema que serve de autobiografía na súa ficha da Biblioteca Virtual Galega.



Na rede:
Ronseltz: a revolución en verso
Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (escolma)

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Grazas por darnos a posibilidade de coñecer e oír un poeta que me agradou especialmente.

Anónimo dixo...

Eu quero agradecer moito a Xoán o convite para incluír un poema na vosa web, un exemplo para quen nos dedicamos á docencia.

Vimos de aprender ben de cousas con el no cursiño que impartiu ao profesorado en Lugo sobre novas tecnoloxías.

E como supoño que o alumnado tamén le isto, sabede que vos tocou en sorte un gran profesor. Pero xa o sabedes... :)

Un saúdo a tod@s!

xabier cordal

Enviar um comentário